viernes, 21 de marzo de 2014

Desafíos do Entroido II



DESAFÍOS:

Arre burro, arre burro,
Xa me farto de arrear,
Moitos burros van á feira,
Tamén ti vas camiñar.

RESPOSTA:

Arre burro, arre burro,
Arre ata aquel outeiro,
aquí póñoche a albarda,
máis adiante o cabeceiro.


DESAFÍOS:

Teño unha herba na horta,
Que rebenta polo pé,
Tamén as de rebentar ti,
Por dicir o que non é.

RESPOSTA:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman a Luísa,
Tamén as rebentar ti,
Por non ir nunca á misa.

RESPOSTA:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman azafrán,
Para discutir comigo,
Cómpreche a lingua dun can.
 


DESAFÍOS:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman a teseira,
Para discutir comigo ,
Cómpreche a lingua lixeira.

No hay comentarios: