Durante o Entroido a xente dun pobo ía a outro pobo veciño e escenificaban unha especie de disputa. Primeiro xuntábanse os veciños do pobo, xuntaban roupas de moitas cores incluso colchas, con elas disfrazábanse, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfraz chamábanlle reinado. Polo camiño levaban pandeiretas e ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos.
Algúns exemplos:
DESAFÍOS:
Si no me tiras
la cuerda,
Palabra de
procesar,
Si no me tiras
de la cuerda,
Ahora la voi a
cortar.
RESPOSTA
Si tú cortas la
cuerda,
Palabra de
procesar,
A ti ya te tengo
ganas,
|
DESAFÍOS:
Miña nai e maila túa,
Foron a unha merendiña,
A túa como era fina,
comeulle a merenda á miña.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario