lunes, 28 de abril de 2008

Día do libro: eu leo, ti les..

Contos das estacións

Un bosque de música

Amiga, namorado vou

sábado, 26 de abril de 2008

Cambios na normativa no ano 2003

O 12 de xullo do 2003 a Real Academia Galega aprobou novas normas da lingua galega:
Nesta ligazón podes ver os cambios producidos:
http://ceip.vilar.barrio.googlepages.com/normasortograficas.pdf

Cambios no léxico

Cos cambios na normativa aprobados no 2003 prodúcense tamén cambios en algunhas palabras. Algunhas das que cambian son:
Antes ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,Agora
vocal ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,vogal
estudio, estudiar ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,estudo, estudar
q: letra cu,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,, ,q: letra que
ll: letra elle ll: ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,letra ele dobre
-ict- (victoria) ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-it-(vitoria)
-icc- (diccionario) ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-ic- (dicionario)
-uct- (producto) ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-ut- (produto)
-ucc- (conducción ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-uc- (condución)
diferencia ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,diferenza (ollo! non cambian todas preferencia -> preferencia)
espacio ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,espazo
servicio ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,servizo
presencia ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,presenza
tercio ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,terzo
-ble ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-ble ou -bel
xubileo ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,xubileu
bacallao ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,bacallau
pao ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,pau
ímpetu ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,impeto
tribu ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,tribo
afgana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,afgá
alemana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,alemá
capitana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,capitá
catalana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,catalá
gardiana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,gardiá
musulmana ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,musulmá
pubertade ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,puberdade
-ería / -aría ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,-aría mellor ca -ería
come-lo caldo ,,,,,,,,,,,,,,,,,comer o caldo mellor ca come-lo caldo (-lo soamente obrigatorio en polo e ulo)
esto, eso, aquelo ,,,,,,,,,,,,,,,,,,isto, iso, aquilo
vinteún, vintedous... ,,,,,,,,,,,vinte e un, vinte e dous...
a cotío ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,acotío
de cotío ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,decotío
de contado ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,decontado
en seguida ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,enseguida
de seguido ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,deseguido
a modo ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,amodo
de vagar ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,devagar
anque ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,aínda que
nembargantes,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,porén, non obstante, no entanto
sen embargo,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,porén, non obstante, no entanto
entonces,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,entón
rector ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,reitor
secta ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,seita
triple, cuádruple son correctos/ triple cuádruple son incorrectos
ouvir é incorrecto,,,,,,,,,,,,,,,/ouvir é correcto

Castelao 1


Castelao 2


Entroido 08

Neste curso adicamos o Entroido a facer un estudio dos disfraces tradicionais da nosa comarca: os Felos(Maceda), os Peliqueiros(Laza), os Cigarróns(Verín), os Vergalleiros(Sarreaus) e as Pantallas(Xinzo de Limia).













viernes, 25 de abril de 2008

Kika superbruxa e os piratas-3º ciclo

TITULO:Kika superbruxa e os piratas
AUTOR:Knister
EDITORIAL:Bruño
PROTAGONISTA:Kika
OUTROS PERSONAXES:Dani, Carlos, Tocamagaita, Malia
RESUME:Trata de Kika que se facía a tola. Un día empezou a cantar e a o seguinte día un pirata descoñecido nunha palmeira xigante da illa dos ventos e a o final recolleron os puntos cardinais mesmo de noite.

NOME: Raúl

O Nicolasiño-3º ciclo

TÍTULO: O Nicolasiño
AUTOR:Sempé/ Goscinny
EDITORIAL:Alfaguara
PROTAGONISTA: Nicolasiño
OUTRAS PERSONAXES:Godofredo,Eudes,Cadolimpo,Alcestes,Luisiña,Agnán,Rufo,
Xoaquín,Clotario,A mestra
RESUMO:Era un neno que se chamaba Nicolasiño e as aventuras que aconteceron no colexio e na casa cos seus amigos. A vida no colexio supón unha etapa importante e frecuentemente accidentada na pequena historia de calquera persoa, e Nicolás non é unha excepción: coñecerá novos compañeiros cos que pasará os mellores momentos, sacando, claro está o tráxico día da entrega de boletíns de notas…
NOME: Nerea

Keko e as aventuras da Ekopanda: O anel de Marta


TÍTULO: Keko e as aventuras da Ekopanda. O anel de Marta
AUTOR: Xosé A. Perozo
EDITORIAL: Ecoembes
PROTAGONISTA: Marta
OUTROS PERSONAXES: Os irmáns xemelgos,Marta e Keko
RESUMO: Os recicladores de Viladeteixo. Pero desde a consecución do premio todo
o mundo os coñecía polos rapaces da Ecopanda e ademais tiñan unha placa que asì o
acreditaba . Aquela primeira maña de clase .
GUSTOUME: Moito
NOME: María

Bala Perdida-3º ciclo


TÍTULO: Bala perdida
AUTOR:Manuel Rivas
EDITORIAL:Alfaguara
PROTAGONISTA:Bala perdida
OUTROS PERSONAXES:O paxaro e os tripulantes
RESUMO:Trata dun capitán chamado Bala perdida que esta acompañado por un corvo e brabos mariñeiros.Unha noite,o barco Zaratrusta de herr daktar foi abordado por os piratas de Bala perdida.Alí atoparon lingotes de ouro dentro duns troncos.Para resolver este misterio buscan a axuda dunha xornalista que se chamaba ganso salvaxe.
NOME: Juan

As vacacións de Nicolasiño-3º ciclo


TÍTULO:As vacacións do Nicolasiño
AUTOR:Sempé/Goscini
EDITORIAL:Alfagüara
PROTAGONISTA:Nicolás
OUTROS PERSONAXES:Mamendo,Paulino,Xerardo,Crispín,os pais,etc.
RESUMO:Acaba o cole,Nicolás,despídese dos seus amigos e vai a Inglaterra,o
ano seguinte irá a un…Adiviñade.Xa o sabedes?Pois…A un campamento!

Nome:Anxo

miércoles, 16 de abril de 2008

Entrevista ó cociñeiro

O alumnado de 3º ciclo de Primaria fíxolle unha entrevista ó cociñeiro. entrevista que podedes ver a continuación:
Entrevistamos ó cociñeiro do noso colexio, el é Clemente e queremos saber algo mais da súa vida e do seu traballo.
Juan: Cal é o teu nome completo?
Clemente: Clemente Castro Diéguez.
Anxo: Onde naciches?
Clemente: En Barcelona.
Noelia: Cantos anos tes?
Clemente: 40
Nerea: Onde vives?
Clemente: No Pereiro.
Tania: Cantos anos levas traballando como cociñeiro?
Clemente: 25
Raúl: Estiveches sempre en comedores escolares ou noutros sitios?
Clemente: Estiven en moitos sitios.
Raúl: En cales?
Clemente: residencias, hospitais, asilos, hoteis, restaurantes, tabernas, bares...
María: onde prefires traballar, en colexios, restaurantes ou colexios?
Clemente: en colexios.
Sandra: antes de estar de cociñeiro, tiveches outros traballos?
Clemente: non, sempre traballei de cociñeiro.
Juan: Cal é a comida que mais che gusta cociñar?
Clemente: ningunha en concreto.
Anxo: tes receitas secretas ou non che importa que as coñeza a xente?
Clemente: non hai receitas secretas, o único que hai é o toque persoal que lle da cada un e o cariño ó facer as cousas, así sempre saen ben.
Noelia: que é o que mais che gusta de ser cociñeiro?
Clemente: comelo despois de facelo.
Nerea: cando eras pequeno xa querías ser cociñeiro? Ou foi algo que xurdiu despois?
Clemente: xa dende pequeniño, lle axudaba a miña nai na cociña con oito anos.
Tania: quen cociña na túa casa?
Clemente: eu
Raúl: estás contento de traballar en Vilar de Barrio?
Clemente: moito
Sandra: tes algunha mascota?
Clemente: si, un can.
María: moitas grazas Clemente por ser tan amable e contestar as nosas preguntas. Queremos que saibas que estamos moi contentos coas túas comidas, aínda que as ensaladas á algúns nos costa un pouco comelas

Animación á lectura

Aqui podes ver os libros selecionados polo noso alumnado