O alumnado de 3º ciclo de Primaria fíxolle unha entrevista ó cociñeiro. entrevista que podedes ver a continuación:
Entrevistamos ó cociñeiro do noso colexio, el é Clemente e queremos saber algo mais da súa vida e do seu traballo.
Juan: Cal é o teu nome completo?
Clemente: Clemente Castro Diéguez.
Anxo: Onde naciches?
Clemente: En Barcelona.
Noelia: Cantos anos tes?
Clemente: 40
Nerea: Onde vives?
Clemente: No Pereiro.
Tania: Cantos anos levas traballando como cociñeiro?
Clemente: 25
Raúl: Estiveches sempre en comedores escolares ou noutros sitios?
Clemente: Estiven en moitos sitios.
Raúl: En cales?
Clemente: residencias, hospitais, asilos, hoteis, restaurantes, tabernas, bares...
María: onde prefires traballar, en colexios, restaurantes ou colexios?
Clemente: en colexios.
Sandra: antes de estar de cociñeiro, tiveches outros traballos?
Clemente: non, sempre traballei de cociñeiro.
Juan: Cal é a comida que mais che gusta cociñar?
Clemente: ningunha en concreto.
Anxo: tes receitas secretas ou non che importa que as coñeza a xente?
Clemente: non hai receitas secretas, o único que hai é o toque persoal que lle da cada un e o cariño ó facer as cousas, así sempre saen ben.
Noelia: que é o que mais che gusta de ser cociñeiro?
Clemente: comelo despois de facelo.
Nerea: cando eras pequeno xa querías ser cociñeiro? Ou foi algo que xurdiu despois?
Clemente: xa dende pequeniño, lle axudaba a miña nai na cociña con oito anos.
Tania: quen cociña na túa casa?
Clemente: eu
Raúl: estás contento de traballar en Vilar de Barrio?
Clemente: moito
Sandra: tes algunha mascota?
Clemente: si, un can.
María: moitas grazas Clemente por ser tan amable e contestar as nosas preguntas. Queremos que saibas que estamos moi contentos coas túas comidas, aínda que as ensaladas á algúns nos costa un pouco comelas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario