viernes, 5 de diciembre de 2014

Diccionario de sinónimos da lingua galega

Diccionario de sinónimos da lingua galega da univesidade de Vigo.
Enlace

lunes, 13 de octubre de 2014

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

A USC pon en liña á disposición de todos o Dicionario de Pronuncia da lingua galega.


jueves, 22 de mayo de 2014

Paxaros

Estes días estamos traballando co alumnado de 1º ciclo os nosos bosques. 
Resultáronnos moi útiles estes dous sitios sobre paxaros 
- O galego.eu
- Rios-galegos.com

Poesía visual

Co alumnado de 1º ciclo estivemos traballando o vocabulario das partes do día. Ocurriusenos facer rimas, os nenos e nenas estiveron moi inspirados, estas foron as súas creacións.
Polo abrente
esperta a xente.

Pola mañá
vin unha araña.

Polo mediodía
como unha pavía.

Pola tarde
o sol arde.

Polo solpor
escóndese a flor.

Polo luscofusco
a miña casa busco.

Pola noite
tomo un vaso de leite.
Coa app Visual Poet fixemos estas poesías visuais.



Gravamos as poesías e subímolas á radio do cole podelas escoitar AQUÍ

jueves, 8 de mayo de 2014

Orella Pendella

Orella Pendella. é un sitio web onde podemos atopar unha recopilación de literatura popular infantil tales como:

Os Contos do Camiño

OS CONTOS DO CAMIÑO”, é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

Descubrindo Galicia na rede

Descubregalicia.com permite a visita virtual a Galicia, desde o ceo, polas rúas, en vídeo, elexindo localidade, zona etc.  

Galicia 360º, permite facer visitas a puntos destacados da comunidade a través de vistas panorámicas de 360º


Refraneiro multilingüe do CVC

O CVC ofrece un refraneiro multilingüe. Indo a opción de búsqueda temos a posibilidade de buscar refráns a partir dunha palabra dada. Podemos incluír varios idiomas entre eles o galego.
http://cvc.cervantes.es/lengua/refranero/ 
Aquí tedes a búsqueda que nos deixa a palabra maio en galego.

maio

  • Tipo: Refrán meteorológico
  • Paremia: Auga de maio, pan para todo o ano
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán
  • Paremia: Cando marzo maiea, maio marcea
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán temporal
  • Paremia: Nos días de maio, aínda non amañece e xa anoitece
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán
  • Paremia: Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán meteorológico
  • Paremia: ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
  • Idioma: Gallego

viernes, 21 de marzo de 2014

Desafíos do Entroido II



DESAFÍOS:

Arre burro, arre burro,
Xa me farto de arrear,
Moitos burros van á feira,
Tamén ti vas camiñar.

RESPOSTA:

Arre burro, arre burro,
Arre ata aquel outeiro,
aquí póñoche a albarda,
máis adiante o cabeceiro.


DESAFÍOS:

Teño unha herba na horta,
Que rebenta polo pé,
Tamén as de rebentar ti,
Por dicir o que non é.

RESPOSTA:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman a Luísa,
Tamén as rebentar ti,
Por non ir nunca á misa.

RESPOSTA:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman azafrán,
Para discutir comigo,
Cómpreche a lingua dun can.
 


DESAFÍOS:

Teño unha herba na horta,
Que lle chaman a teseira,
Para discutir comigo ,
Cómpreche a lingua lixeira.

Desafíos e regueifas do Entroido I


Durante o Entroido a xente dun pobo ía a outro pobo  veciño e escenificaban unha especie de disputa. Primeiro xuntábanse os veciños  do pobo, xuntaban roupas de moitas cores incluso colchas, con elas disfrazábanse, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfraz chamábanlle reinado. Polo camiño levaban pandeiretas e ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos.

Algúns exemplos: 



DESAFÍOS:

Si no me tiras la cuerda,
Palabra de procesar,
Si no me tiras de la cuerda,
Ahora la voi a cortar.

RESPOSTA

Si tú cortas la cuerda,
Palabra de procesar,
A ti ya te tengo ganas,
                                                              desde el otro carnaval.


DESAFÍOS:

Miña nai e maila túa,

Foron a unha merendiña,

A túa como era fina,

comeulle a merenda á miña.
RESPOSTA:

A miña nai e maila túa,

Fixeron unha empanada,

A túa como era fina,

deixou á miña sen nada.

 
DESAFÍOS:

Teño unha albardiña feita,

Feita de palla mollada,

Para lle botar a ese burro,

Que non sabe dicir nada.

RESPOSTA:

Teño unha albardiña feita,

Feita de mil perindengues,

Para lle botar a ese burro,

Que non rinche tantos dentes.



RESPOSTA:

Teño unha albardiña feita,

Feita de palla de millo,

Para lle botar a ese burro,

Nas amatas do embigo.