viernes, 26 de junio de 2009

Libros mais lidos polo alumnado do 2º ciclo



Fina Rouco: ¡Ai, cando llo conte a Uxía...!

As vacacións de Nadal en Tunicia co seu pai convertéronse nunha dobre aventura para Ana. Ademais das sorpresas continuas de turista occidental, a rapaza viuse metida de cheo no caso do secuestro dun príncipe por uns narcotraficantes. Se a iso lle engadimos a súa amizade con Abdullah e o coñecemento dun vello arqueólogo en cadeira de rodas á busca das ruínas dun palacio, sáenlle a Ana unhas vacacións tan apaixonantes que ninguén llo vai crer cando o conte. Só unha persoa, a súa mellor amiga, Uxía.


Mariano Vara: O amigo que veu do mar

Este conto é a historia dun neno que atopa unha foca na praia e inicia con ela unha amizade. Pero a foca é capturada por uns pescadores que lla venden ao propietario dun parque zoolóxico. Xoán, o rapaz, quere liberar a súa amiga e, despois de varios intentos fracasados, consegue o seu propósito coa axuda dos seus amigos.Finalmente a foca recupera a liberdade e é devolta ao mar.O relato está precedido pola resposta que o xefe indio Seattle lle deu no ano 1854 ao Presidente de Estados Unidos, Pierce Franklin, cando este lle propuxo mercar as súas terras e crear unha reserva para que nela vivisen os indíxenas.

No hay comentarios: