viernes, 26 de junio de 2009

Libros mais lidos polo alumnado de 1º ciclo


Cando remata o verán, as bolboretas métense polo buraco dunha árbore e van á súa casa debaixo da terra, onde gardan o seu traxe alado. Alí preparan cores voadoras secretas coas que á noitiña pintan as follas das árbores, que logo levantan o voo. Despois agachan a semente das flores, destapan a cántara dos ventos, engordan as nubes bebés con mamadeiras de orballo e a algunhas aliméntanas con leite de algodón para que chovan neve. Feito o traballo, compran lambetadas no súper das formigas e celebran un banquete no que non falta de nada.


Xoán Babarro: O arco da vella
Era unha vez un sol brillante e unha gorda nube branda que o tapa. Por iso ela ten frío e chora pingas mil sobre o río. Como o sol quere ver esa chuviña, pinta co pincel de farol un grande arco de cores: é o arco da vella, que pasa polos regos e salta polos montes. Escóndese nos cabaliños dun carrusel, para que a nena e o neno xoguen con el.Historia en verso para primeiros lectores con mínimo texto rimado, que alterna nas páxinas con ilustracións a toda cor.

No hay comentarios: