viernes, 26 de junio de 2009

Libros mais lidos polo alumnado de 3º ciclo

Nacho Pérez: Alba, unha aprendiz de meiga
A protagonista, Alba, é unha aprendiza de meiga que narra os comezos do seu proceso de aprendizaxe para se converter nunha meiga de pés a cabeza. Para isto, Alba terá que aprender e superar unha serie de probas que están escritas no Libro Secreto das Meigas. Entre outras, non poderá desvela-la súa identidade, emprega-los seus poderes en beneficio propio ou considerarse superior ós demais seres humanos. Deberá, así mesmo, coñece-la historia dos seus antepasados, aprender da natureza, ser fiel e levar sempre consigo o cofre de primeiros auxilios cos instrumentos imprescindibles.Na historia, Alba intenta conectar co lectorado e compartir con el tódolos seus secretos, coñecementos e experiencias: explica cáles son as diferencias entre meigas, bruxas, curandeiras, compoñedoras, menciñeiras e adiviñas; ofrece unha detallada descrición da súa familia e dos seus amigos Anxo e Adela; pide a colaboración dos lectores e lectoras na súa relación con Anxo e proponlles unha serie de xeroglíficos e preguntas ós que deberán atopar resposta co emprego da súa imaxinación
Manuel Rivas: Bala perdida
Relato infantil que se adapta ós esquemas clásicos das narracións de aventuras protagonizadas por piratas, actualizando o xénero mediante a inserción de referencias que o sitúan de cheo nos nosos tempos. A historia transcorre nunha pequena cidade chamada Atlán, na Costa da Morte. O heroe, Bala Perdida, un pirata con pata de pao, posúe unha estricta conciencia que lle obriga a devolver un tesouro tinguido de sangue: o ouro que os nazis roubaron ós xudeus. Bala Perdida contacta coa redactora dun xornal de Atlán, o Celtic News, Rosa Ribeiro O´Flaherty, para que o axude. Tras moitas aventuras, o tesouro volve a mans dos seus verdadeiros donos e ademais descóbrese que o pirata agocha un bo corzazón e moitos lazos que o unen a Rosa.


No hay comentarios: