DESAFÍOS:
Arre burro, arre
burro,
Xa me farto de
arrear,
Moitos burros van á
feira,
Tamén ti vas
camiñar.
RESPOSTA:
Arre burro, arre
burro,
Arre ata aquel
outeiro,
aquí póñoche a
albarda,
máis adiante o cabeceiro.
DESAFÍOS:
Teño unha herba na
horta,
Que rebenta polo
pé,
Tamén as de
rebentar ti,
Por dicir o que non
é.
RESPOSTA:
Teño unha herba na
horta,
Que lle chaman a
Luísa,
Tamén as rebentar
ti,
Por non ir nunca á
misa.
RESPOSTA:
Teño unha herba na
horta,
Que lle chaman azafrán,
Para discutir
comigo,
Cómpreche a lingua
dun can.
DESAFÍOS:
Teño unha herba na
horta,
Que lle chaman a
teseira,
Para discutir
comigo ,
Cómpreche a lingua
lixeira.