lunes, 13 de octubre de 2014

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

A USC pon en liña á disposición de todos o Dicionario de Pronuncia da lingua galega.


jueves, 22 de mayo de 2014

Paxaros

Estes días estamos traballando co alumnado de 1º ciclo os nosos bosques. 
Resultáronnos moi útiles estes dous sitios sobre paxaros 
- O galego.eu
- Rios-galegos.com

Poesía visual

Co alumnado de 1º ciclo estivemos traballando o vocabulario das partes do día. Ocurriusenos facer rimas, os nenos e nenas estiveron moi inspirados, estas foron as súas creacións.
Polo abrente
esperta a xente.

Pola mañá
vin unha araña.

Polo mediodía
como unha pavía.

Pola tarde
o sol arde.

Polo solpor
escóndese a flor.

Polo luscofusco
a miña casa busco.

Pola noite
tomo un vaso de leite.
Coa app Visual Poet fixemos estas poesías visuais.



Gravamos as poesías e subímolas á radio do cole podelas escoitar AQUÍ

jueves, 8 de mayo de 2014

Orella Pendella

Orella Pendella. é un sitio web onde podemos atopar unha recopilación de literatura popular infantil tales como:

Os Contos do Camiño

OS CONTOS DO CAMIÑO”, é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

Descubrindo Galicia na rede

Descubregalicia.com permite a visita virtual a Galicia, desde o ceo, polas rúas, en vídeo, elexindo localidade, zona etc.  

Galicia 360º, permite facer visitas a puntos destacados da comunidade a través de vistas panorámicas de 360º


Refraneiro multilingüe do CVC

O CVC ofrece un refraneiro multilingüe. Indo a opción de búsqueda temos a posibilidade de buscar refráns a partir dunha palabra dada. Podemos incluír varios idiomas entre eles o galego.
http://cvc.cervantes.es/lengua/refranero/ 
Aquí tedes a búsqueda que nos deixa a palabra maio en galego.

maio

  • Tipo: Refrán meteorológico
  • Paremia: Auga de maio, pan para todo o ano
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán
  • Paremia: Cando marzo maiea, maio marcea
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán temporal
  • Paremia: Nos días de maio, aínda non amañece e xa anoitece
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán
  • Paremia: Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro
  • Idioma: Gallego
  • (Ficha)
  • Tipo: Refrán meteorológico
  • Paremia: ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
  • Idioma: Gallego