Estes días estamos traballando co alumnado de 1º ciclo os nosos bosques.
Resultáronnos moi útiles estes dous sitios sobre paxaros
- O galego.eu
- Rios-galegos.com
jueves, 22 de mayo de 2014
Poesía visual
Co alumnado de 1º ciclo estivemos traballando o vocabulario das partes do día.
Ocurriusenos facer rimas, os nenos e nenas estiveron moi inspirados, estas foron as súas creacións.
Polo abrente
esperta a xente.
Pola mañá
vin unha araña.
Polo mediodía
como unha pavía.
Pola tarde
o sol arde.
Polo solpor
escóndese a flor.
Polo luscofusco
a miña casa busco.
Pola noite
|
Gravamos as poesías e subímolas á radio do cole podelas escoitar AQUÍ
jueves, 8 de mayo de 2014
Orella Pendella
Orella Pendella. é un sitio web onde podemos atopar unha recopilación de literatura popular infantil tales como:
Os Contos do Camiño
OS CONTOS DO CAMIÑO”, é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.
Descubrindo Galicia na rede
Descubregalicia.com permite a visita virtual a Galicia, desde o ceo, polas rúas, en vídeo, elexindo localidade, zona etc.
Galicia 360º, permite facer visitas a puntos destacados da comunidade a través de vistas panorámicas de 360º
Galicia 360º, permite facer visitas a puntos destacados da comunidade a través de vistas panorámicas de 360º
Refraneiro multilingüe do CVC
O CVC ofrece un refraneiro multilingüe. Indo a opción de búsqueda temos a posibilidade de buscar refráns a partir dunha palabra dada. Podemos incluír varios idiomas entre eles o galego.
http://cvc.cervantes.es/lengua/refranero/
Aquí tedes a búsqueda que nos deixa a palabra maio en galego.
http://cvc.cervantes.es/lengua/refranero/
Aquí tedes a búsqueda que nos deixa a palabra maio en galego.
maio
- Tipo: Refrán meteorológico
- Paremia: Auga de maio, pan para todo o ano
- Idioma: Gallego
- (Ficha)
- Tipo: Refrán
- Paremia: Cando marzo maiea, maio marcea
- Idioma: Gallego
- (Ficha)
- Tipo: Refrán temporal
- Paremia: Nos días de maio, aínda non amañece e xa anoitece
- Idioma: Gallego
- (Ficha)
- Tipo: Refrán
- Paremia: Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro
- Idioma: Gallego
- (Ficha)
- Tipo: Refrán meteorológico
- Paremia: ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
- Idioma: Gallego
Suscribirse a:
Entradas (Atom)