viernes, 21 de octubre de 2011

Contos de Samaín

Queridos nenos e nenas do colexio, o monstro do colexio deixavos aquí unha selección de contos moi especiais para esta época do Samaín....

TÍTULO: A pantasma
Editorial: Baía

O conde de Lemos necesita unha pantasma que coide do seu castelo e traia o seu demo de fillo ó rego. O candidato perfecto resultará ser un inquilino do máis lambón e rabudo.





TÍTULO: A bruxa
Editorial: Baía

A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba qeu deixou o conto con patas arriba?







TÍTULO: O esqueleto
Editorial: Baía

Osiños quere ser o futbolista como as persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un esqueleto non é posible. Pero, aínda así, por que non ententalo?






TÍTULO: O ogro
Editorial: Baía

Trasladarse a unha nova cova pode ser un problema se o ogro Comenenos non encontra máis cativos que devorar...
Pero poida que un cambio de dieta podería resolvelo todo.






TÍTULO: O vampiro
Editorial: Baía

O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afilados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!

viernes, 3 de junio de 2011

Webquest en galego para traballar nas diferentes materias

-No portal educativo da Consellería de Educación pódense atopar unha relación de Webquest en galego para traballar nas diferentes materias.
http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/procesa_index_todas.php


-Máis en galego

viernes, 29 de abril de 2011

Letras Galegas 2010-2011

No blog que temos en común co CEIP de Blancos aparece información interesante para traballar nas aulas o día das Letras Galegas.
Pincha para acceder. "Caderno da Lagoa"

martes, 12 de abril de 2011

Eu chorei chorei

Nenos e nenas da India interpretan cancións en galego.

Nenos e nenas dunha escola na India interpretan "Eu chorei, chorei".Son nenos e nenas da escola María Soliño en Pubai-Orissa (India), financiada pola ONG "Shanga India" cantan "Eu chorei chorei" nun perfecto galego.

jueves, 27 de enero de 2011

Linguagalega.tv

miércoles, 13 de octubre de 2010

lunes, 10 de mayo de 2010

Letras galegas 2010

Enlaces interesantes:

Páxina Oficial do autor

Unidades didácticas do Seminario Galan.
E.Infantil
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo

Unidades didácticas LIM:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo