DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
lunes, 26 de mayo de 2008
viernes, 23 de mayo de 2008
Keco e as aventuras da Ecopanda:¡Secuestren a Keco!
TÍTULO: Keco e as aventuras da Ecopana.¡Secuestren a Keco!
AUTOR: Xosé A. Perozo
EDITORIAL: Ecoembes
PROTAGONISTAS: keco e a Ecopanda
OUTROS PROTAGONISTAS: os profesores, os do grupo de ecoembes, os nenos/as da clase
RESUME: Keco é un robot, el xunto cos nenos e nenas da Ecopanda axudan á natureza. Os malos raptan a Keco e quítanlle pezas. Os nenos e nenas da Ecopanda encóntrano e rescátano.
NOME: Raquel
AUTOR: Xosé A. Perozo
EDITORIAL: Ecoembes
PROTAGONISTAS: keco e a Ecopanda
OUTROS PROTAGONISTAS: os profesores, os do grupo de ecoembes, os nenos/as da clase
RESUME: Keco é un robot, el xunto cos nenos e nenas da Ecopanda axudan á natureza. Os malos raptan a Keco e quítanlle pezas. Os nenos e nenas da Ecopanda encóntrano e rescátano.
NOME: Raquel
Etiquetas:
2º ciclo,
Animación Lectura
lunes, 12 de mayo de 2008
Keko e as aventuras da Ecopanda: Magosto polo San Martiño
TÍTULO: Keco e as aventuras da Ecopana. Magosto polo San Martiño
AUTOR: Xosé A. Perozo
EDITORIAL: Ecoembes
PROTAGONISTAS: keco e a Ecopanda
OUTROS PROTAGONISTAS: os profesores, os do grupo de ecoembes, os nenos/as da clase
RESUME: Os nenos e nenas da Ecopanda e Keco van á casa de Álvaro e Xaime a coller castañas e Xaime ten un soño no que raptan a Xiana e a el.
NOME: Anxo
Etiquetas:
3º ciclo,
Animación Lectura
viernes, 9 de mayo de 2008
Otto é un rinoceronte (2º ciclo)
TITULO:Otto é un rinoceronte.
AUTOR:Ole LundKirkegaard.
EDITORIAL:Alfaguara.
PROTAGONISTA:Topper, Viggo,Otto.
OUTROS PERSONAXES: Sra. Flora, Sille, Sr. Holm, Sr. León. RESUME:Topper atopa un lapis extraordinario e único. Emocionado corre a amosarllo ó seu amigo Viggo e con el debuxa un enorme rinoceronte, ó que chama Otto, nuha das paredes da súa casa. Dende ese momento, empezan a suceder situacións cómicas, inesperadas e confusas que cuestionan a lóxica dos adultos.
Etiquetas:
2º ciclo,
Animación Lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)