viernes, 9 de mayo de 2008

O misterio do cemiterio vello (2º ciclo)



TITULO: O misterio do cemiterio vello.
AUTOR: Fina Casalderrey.
EDITORIAL: SM.
PROTAGONISTA: David e Branca.
OUTROS PERSONAXES: Xocas, Sr. Indalecio, Pedro, Lino Castro, Ana Lores.
RESUME: David e Branca (tamén protagonistas de “o misterio dos fillos de Lúa”) oen estraños ruídos que proceden un cemiterio abandonado. Como son moi curiosos deciden investigar a causa. Unha vez dentro, sofren raras experiencias, ven estrañas figuras e escoitan músicas misteriosas.

O misterio dos fillos de Lúa (2º ciclo)


TITULO: O misterio dos fillos de Lúa
AUTOR: Fina Casalderrey
EDITORIAL: SM
PROTAGONISTA: Lúa, David, Branca.
OUTROS PERSONAXES: Xocas, Marcial, Manoliño
RESUME: Lúa , a gata pariu pero ó día seguinte de ter os gatos desapareceron. Lúa miaña tristeira e busca compañía. David non entende este misterio e como é moi curioso pídelle axuda á súa noiva Branca e ente os dous non paran ata dar coa resposta.

O ratiño namorado

O alumnado de Educación Infantil interpreta así esta poesía:
O ratiño namorado

"Un rato díxolle á lúa:
Nunca reparas en min,
por iso vivo na rúa
metido nun calcetín.
Ela fitouno abraiada
déronlle ganas de rir
daquela apagou a lámpada
e dispúxose a durmir.
Polo desprezo da lúa,
o ratiño alporizado,
berroulle con moita forza:
¡Xa non estou namorado!."
Debuxos feitos por Aldara, Candela e Ana (Educación Infantil 4 e 5 anos)

miércoles, 7 de mayo de 2008

O rato comellón

Debuxos baseados neste conto: Aldara e Ana (5 anos), Candela (4 anos)

As estrelas e a princesa Liwaiwai-Infantil

Asi debuxaron este conto o alumnado de Educación Infantil: Aldara e Ana (5 anos) e Candela (4 anos)









Lendas da Limia

Neste enalce podes atopar unha escolma de lendas da zona da Limia recollidas polo alumnado de Vilar de Barrio.
Accede dende aquí.

sábado, 3 de mayo de 2008