Como se fai o pan?
O alumnado de 1º e 2º para contestar a esta pregunta fixo un traballo de investigación.
Ingredientes: averiguamos de onde sae a fariña.
Procedemento: preguntamos nas casas, sobre todo ós nosos avós.
Logo do proceso de investigación e unha vez que tiñamos todo o necesario, puxémonos mans á obra. Coa axuda do cociñeiro do colexio elaboramos o pan.
Con toda a información recollida e as fotos do proceso decidimos facer un libro que lle agasamos á araña Maraña (a mascota da nosa biblioteca) para que toda a comunidade educativa o puidese ver.
lunes, 23 de noviembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)