Queridos nenos e nenas do colexio, o monstro do colexio deixavos aquí unha selección de contos moi especiais para esta época do Samaín....
TÍTULO: A pantasma
Editorial: Baía
O conde de Lemos necesita unha pantasma que coide do seu castelo e traia o seu demo de fillo ó rego. O candidato perfecto resultará ser un inquilino do máis lambón e rabudo.
TÍTULO: A bruxa
Editorial: Baía
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba qeu deixou o conto con patas arriba?
TÍTULO: O esqueleto
Editorial: Baía
Osiños quere ser o futbolista como as persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un esqueleto non é posible. Pero, aínda así, por que non ententalo?
TÍTULO: O ogro
Editorial: Baía
Trasladarse a unha nova cova pode ser un problema se o ogro Comenenos non encontra máis cativos que devorar...
Pero poida que un cambio de dieta podería resolvelo todo.
TÍTULO: O vampiro
Editorial: Baía
O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afilados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!
viernes, 21 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)